HomeCulturaSarria non quere máis corridas de touros nas súas festas

Sarria non quere máis corridas de touros nas súas festas

Os rumores de reactivación das corridas de touros nas festas de San Xoán, mobilizaron ós veciños da vila opoñéndose a tal celebración

Publicado o

- Advertisement -

A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas informou esta mañá sobre o súa xestión na recollida de sinaturas que un grupo veciñal de Sarria iniciou na plataforma Change.org

A iniciativa, levada a cabo por un grupo de activistas, difundiu a iniciativa a través das redes sociais e en só unha semana, tras os rumores dunha hipotética corrida de touros, xa levan máis de 2.000 rúbricas pedindo ao goberno a paralización do intento taurino.

Os abolicionistas lembran que Sarria deixou de subvencionar eventos desta índole co cambio de goberno, actualmente formado polo bipartito PSOE-BNG, á que se lle suma unha edil non adscrita. Neste sentido Galicia, Mellor sen Touradas, considera que a campaña #SarriaSenTouradas está chamando a atención sobre unha cuestión ineludible tamén na vila, e é que o maltrato animal como espectáculo e forma de ocio xa é un feito do pasado.

Por outra banda, cómpre salientar que a supresión da única corrida sarriana hai varios exercicios non mermou a afluencia de público e visitantes nas festas do San Xoán, como destacan os activistas.

Paralelamente á petición na plataforma Changue.org, o grupo promotor veciñal estará o vindeiro sábado na Rúa Calvo Sotelo recollendo sinaturas de xeito físico para apoiar á campaña contra o retorno da tauromaquia.

ÚLTIMAS

A Rede Municipalista Solidaria reúnese na Pobra do Brollón

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou esta semana na xuntanza da...

“Agosto astronómico” para o turismo en Chantada

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada recibiu 5.365 visitantes no pasado...

O viños da Ribera Sacra na Barcelona Wine Week do 2 ao 4 de febreiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará por segundo ano consecutivo...

Do 2 ao 13 de febreiro Monforte convoca concurso de axudas para a confección de traxes medievais

O Concello ten solicitado a declaración de Feira de Interese Turístico Galego para esta...