HomesociedadeO viños da Ribera Sacra na Barcelona Wine Week do 2 ao...

O viños da Ribera Sacra na Barcelona Wine Week do 2 ao 4 de febreiro

Como acción destacada, Ribeira Sacra contará cun túnel do viño propio, concibido para ofrecer a profesionais, distribuidores, prescritores e medios especializados unha visión ampla do territorio, as súas variedades e os diferentes estilos de elaboración.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará por segundo ano consecutivo na Barcelona Wine Week (BWW), que se celebrará do 2 ao 4 de febreiro no recinto feiral de Montjuïc. A presenza da D.O. enmárcase dentro do espazo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), reforzando a proxección conxunta dos viños galegos nun dos principais encontros profesionais do sector vitivinícola.

Nesta edición presentarase unha selección de 39 viños amparados pola denominación, composta por 29 tintos, 8 brancos e 2 rosados. A mostra reflicte a diversidade produtiva da D.O., marcada pola viticultura en pendente, a variedade de microclimas e solos, e a personalidade de variedades autóctonas como Mencía, Godello ou Merenzao, entre outras.

A Barcelona Wine Week consolidouse como un punto de encontro clave para adegas e denominacións de orixe, favorecendo o contacto directo con compradores nacionais e internacionais, así como con profesionais da distribución, a restauración e a comunicación especializada.

A participación neste foro forma parte do calendario anual de accións de promoción exterior do Consello Regulador, orientadas a manter unha presenza activa nos principais escaparates profesionais do sector.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...