HomeEconomía"Black Friday" nos comercios do CCU de Sarria os días 29 e...

“Black Friday” nos comercios do CCU de Sarria os días 29 e 30 de novembro

Os días 29 e 30 de novembro, o comercio do Centro Comercial Urbano de Sarria- ACES organiza o "Black Friday", na busca de promocionar as vendas dos artigos de tempada, incentivando ao consumidor a adiantar as compras de Nadal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un total de 26 establecementos participarán nesta oitava edición, organizada dende a Aces-CCU, comercios que pertencen a moi diferentes sectores: textil, complementos, agasallo, calzado, decoración, iluminación, etc…  Estamos a falar dos seguintes establecementos: Atmosfera Sport, Barja Shoes, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Carpe Diem, Colorin Colorado, Cris Abad, Dimar Moda, Duet Moda, Electronova, Isabel Moda, Lar de Menchu, Latas pinturas y hogar, Los Sueños de Uxía, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Micsport, Moncho Moda, Peregrinoteca, Sabrina Moda, Senayo, Trece Tablas Store, Ultreia, Veiga Calzados, Vilamey Complementos e Zaida moda infantil.

Durante os dous días os 26 establecementos abrirán no seu horario habitual e ofertarán os seus productos ata cun 20% de desconto.

Os establecementos contarán co cartaz promocional desta campaña, unha decoración especial a cal permitirá que os clientes identifiquen con claridade os participantes no Venres Negro do Centro Comercial Urbano de Sarria.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...