O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, interviu na presentación da proba xunto con representantes da asociación deportiva Pretorianos Club, organizadores do evento; ademais da directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López; e membros doutras entidades implicadas.
Haberá tres tipos de carreiras: dúas de 23 quilómetros con saída en Sarria e meta en Portomarín – unha individual e outra por remudas, con intercambio en Mirallos (Paradela) e unha de 10 quilómetros individual, dende Mirallos ata Portomarín.
O itinerario discorre pola ruta xacobea. Arias felicitou á organización por impulsar un ano máis esta convocatoria, que combina a actividade física coa promoción do Camiño de Santiago e dos demais atractivos que ofrece a zona

