HomeEconomíaTriacastela reivindícase ante o auxe do 'Camiño exprés': "O peregrino deixa atrás...

Triacastela reivindícase ante o auxe do ‘Camiño exprés’: “O peregrino deixa atrás unha zona máxica”

Aumenta o volume de camiñantes que elixen para empezar a ruta Sarria e así completar os 100 km que esixe a Compostela.

Publicado o

- Advertisement -

Nun ano de marcas para o Camiño de Santiago en pleno Ano Santo, as cifras revelan un incremento dos peregrinos que escollen o bautizado como ‘Camiño exprés’, é dicir, iniciar a ruta en Sarria para completar os 100 quilómetros esixidos a pé para lograr a ‘Compostela’.

Ante este fenómeno, os municipios que se sitúan antes desta localidade luguesa reivindícanse e avisan os camiñantes que, ao optar polo traxecto mínimo, deixan atrás lugares “máxicos” como a zona da montaña de Lugo.

Así o di a alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, que convida as persoas que pensan en facer o Camiño proximamente a elixir unha vía un pouco máis longa e non se esquezan dun “lugar tan máxico como o traxecto que une O Cebreiro con Sarria”.

O concello lucense de Triacastela reclama o “peregrino de longa distancia” tras un verán no que o Camiño de Santiago volve bater marcas, pero no que trazados como este están a quedarse no esquecemento.

A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, lamenta que cada ano sexan máis os que saen de Sarria “deixando atrás unha zona máxica como son os bosques do Cebreiro e Triacastela”. Segundo os últimos datos publicados pola Oficina do Peregrino, en xullo foron 34.839 os peregrinos qu escolleron como ruta o Camiño Francés, aínda que existen diferenzas entre o lugar de partida.

Deste total, case 21.000 tomaron Sarria como saída, a distancia mínima para conseguir a Compostela. Con todo, só 1.312 foron quen decidiron emprender a súa aventura desde O Cebreiro. A rexedora popular sente que son moitos os que se están “esquecendo” do seu concello e por iso lembra que Triacastela xa era no Códice Calixtino recollida como “o final da etapa número once”.

Recoñece que cada un “é libre de elixir como fai a súa peregrinación”, pero lamenta que sexan moitas as persoas que se estean perdendo “unha das etapas máis bonitas”. A tendencia cambiou desde os anos 1990, cando o Camiño Francés era o dominador nas rutas para chegar a Santiago, ao ser escollido polo 95% dos camiñantes. Na actualidade, supón o 50% do caudal de viaxeiros que chegan á Praza do Obradoiro.

Nos últimos anos, por contra, opcións como a do Camiño Primitivo, o do Norte ou o Portugués viron multiplicadas as súas estatísticas. As cifras apuntan que a tendencia de percorrer o número imprescindible de quilómetros está en auxe e sitúase como a opción preferente para o groso de peregerinos.

O descenso de peregrinaxes de longa distancia está a afectar, sobre todo, a comunidades como Castela e León ou Aragón, e implicitamente, a concellos galegos como Triacastela.

ÚLTIMAS

Colócanse en Monforte 128 trampas para velutinas

A voceira popular, Katy Varela, destaca que grazas ao trampeo manual realizado pola Xunta...

Ampla axenda cultural para celebrar o ‘Día Internacional dos Museos’ na Rede Museística Provincial

Os catro museos da Rede Museística Provincial --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar...

Adxudicada unha obra de mellora para a LU-P-4702 na Pobra do Brollón

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo avanzou este pasado venres na contratación...

Quiroga solicita ante a Subdelegación do Goberno o arranxo inmediato da N-120

Segundo sinalan desde o Concello de Quiroga a N-120 está nun estado moi precario...