HomesociedadeAberto o prazo para a ludoteca de verán de Triacastela

Aberto o prazo para a ludoteca de verán de Triacastela

O Concello de Triacastela abre o prazo para anotarse na ludoteca de verán e nos cursos de natación que se desenvolverán na piscina de Sarria durante xullo e agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actividades da ludoteca terán horario de 09:30 a 14:00 horas. Ofértanse 20 prazas a un prezo de 25 euros por neno/a.

Tamén está aberto o prazo de matrícula nos cursos de natación que terán lugar na piscina de Sarria os meses de xullo e agosto. O número de prazas é de 20. Por quincenas o prezo é de 13,34€/neno, para o segundo neno ou máis o prezo por medio mes é de 8,89€/neno. Para o mes completo o prezo é de 26,61€/neno; polo segundo neno e seguintes, o prezo é de 17,94€/neno.

Para participar nos cursos de natación o horario de saída desde Tiacastela serán as 11:15h.

Tanto para a ludoteca como para os cursos de natación, terán prioridade os nenos e nenas empadroados en Triacastela, seguidos dos nenos e nenas escolarizados no colexio da vila.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...