HomePolíticaO PSOE de Triacastela denuncia falta de transparencia no Concello

O PSOE de Triacastela denuncia falta de transparencia no Concello

O Grupo Municipal Socialista de Triacastela manifesta "a súa profunda preocupación e descontento ante a continua falta de transparencia democrática do Concello de Triacastela"

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro socialista, Miguel Ángel Fernández, apunta que “tras varios anos de reiteradas solicitudes de información crucial para a fiscalización da xestión municipal”, seguen sen ter resposta. “Levamos varios anos solicitando por rexistro que se nos facilite información e nunca se nos contesta nin se nos remiten eses datos. Aseguran que non teñen tempo a buscar información”, alerta o socialista.

A información solicitada é a seguinte:

  • Datas de aprobación inicial e definitiva dos orzamentos ordinarios dos anos 2019, 2020, 2021 e 2022.
  • Datas de aprobación da Conta Xeral dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021.
  • Os decretos polos que se aprobou a Liquidación dos orzamentos dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021.
  • Decretos de prórroga dos orzamentos dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021, se é o caso de que se prorrogase algún dos orzamentos.
  • As datas nas que se remitiron ao Consello de Contas de Galicia e ao Tribunal de Contas do Estado as contas dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021.
  • A información que o Consello de Contas de Galicia puidera ter remitido no caso de ter realizado algunha auditoría.

Fernández apunta que “esta falta de resposta dificulta o noso labor de oposición e control democrático e vulnera os principios básicos de transparencia e bo goberno que deben rexer calquera administración pública”.

Nesta situación, desde o PSOE esixen ao equipo de goberno do Concello que cumpra cos seus deberes legais e democráticos e facilite de inmediato toda a información solicitada. “Reiteramos a nosa disposición a seguir traballando en prol da transparencia e a boa gobernanza, co obxectivo de garantir que a xestión municipal se realice de forma aberta e accesible para toda a cidadanía”, conclúen os socialistas.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...