HomeCultura'O que arde', filme galego premiado en Cannes

‘O que arde’, filme galego premiado en Cannes

A terceira longametraxe do director Oliver Laxe recibiu o premio do xurado no Festival de Cannes, no que concursaba na sección 'Un certain regard'. Trátase dun fito histórico pois é a primeira vez que se escoita o galego neste prestixioso certame.

Publicado o

- Advertisement -

A película está rodada nos montes dos Ancares e nela o director galego reflexiona sobre a complexa problemática dos incendios forestais en Galicia.

A película conta como Amador Coro sae de prisión tras ser condenado por provocar un incendio. Regresa á súa vila, illado nas montañas, no máis profundo da Galicia rural, onde vive coa súa anciá nai, Benedicta, e tres vacas. As súas vidas transcorren lentamente, ao ritmo calmo da natureza ata o día en que o lume aparece para devastar a zona.

Máis contido sobre esta noticia en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...