HomeCulturaInteresantes propostas musicais en Sober e Pantón

Interesantes propostas musicais en Sober e Pantón

Sober acolle hoxe sábado o fin de curso da Escola Municipal de Música de Sober, e o domingo un concerto de Psaiko Quartet. En Ferreira de Pantón, concerto o domingo do trío de corda Concertino no Convento das Bernardas.

Publicado o

- Advertisement -

Hoxe, sábado 15 de xuño, celébrase o Concerto de Fin de Curso da Escola Municipal de Música no Centro Sociocultural a partir das cinco da tarde. Participan no mesmo a Banda de Música de Sober a tamén a Escola Municipal de Teatro e o Coro Berea.

Sen saír de Sober, para mañá domingo está programado outro concerto, neste caso a cargo das Xuventudes Musicais de Sober, co que tamén colabora o concello, que trae á localidade ao cuarteto de saxofóns Psaiko Quartet. A actuación será ás 19:30 horas no Centro Sociocultural no marco da programación da Primavera Musical de Sober.

O cuarteto está formado polos artistas Martín Castro Tubío – Saxofón soprano-, Borja Beneyto García – Saxofón alto-, Juan Alonso Moreda – Saxofón tenor- e Franco Emanuel Sánchez – Saxofón barítono-.

No ano 2017 obtiveron o primeiro premio no 88º Concurso Permanente “Juventudes Musicales de España” e o primeiro premio no Certame de Grupos de Cámara ArtJove. Dentro do seu repertorio, presentan desde música conservadora á máis innovadora e atrevida.

Este mesmo domingo 16 de xuño, ás 19:00 h. temos outra alternativa para os amantes da música clásica dentro da VIII Edición de Sinfonía no Mosteiro do ciclo Rota do Románico de Pantón. Trátase do concerto que ofrecerá o trío de corda Concertino na Igrexa do convento das madres Bernardas de Ferreira, no Concello de Pantón.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...