HomeCulturaNovedades Carminha e Dios Ke Te Crew encabezan o cartel do Esmorga...

Novedades Carminha e Dios Ke Te Crew encabezan o cartel do Esmorga Dirt en Sarria

Este evento gratuito terá lugar o 22 de xuño e combina música e cultura urbana.

Publicado o

- Advertisement -

Hoxe sábado 22 de xuño terá lugar o Esmorga Dirt no concello de Sarria. Trátase dun evento gratuito que misturará música, cultura urbana e deporte para celebrar a festividade do San Xoán.

O prato forte do Esmorga Dirt serán as actuacións musicais. Estarán encabezadas polo grupo compostelán Novedades Carminha, que na xira de presentación do seu novo álbum “Ultraligero” recorreron todo con gran éxito de público. O rap patrio tamén terá presenza grazas a Dios Ke Te Crew, inmersos na promoción de “O Ciclo da Serpe”, o seu primeiro traballo despois de oito anos de silencio. Tamén será posible desfrutar da actuación de Grison, campión do mundo de beatbox e colaborador no coñecido programa de televisión La Resistencia.

Pola tarde terán lugar unha exhibición de “dirt jump” (saltos con bicicleta) e diversos obradoiros de balde de parkour e skate. Para iso, habilitarase unha pista de skate que ao remate dos cursos poderá ser utilizada libremente por quen o desexe.

Para máis información pódese consultar a súa páxina web.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...