HomeCulturaUn San Xoán con moito humor en Sarria

Un San Xoán con moito humor en Sarria

Volve a Sarria, por cuarto ano consecutivo, “O Recuncho da Comedia”. Tres grandes humoristas do panorama nacional actuarán o luns 24 de xuño na Praza da Vila

Publicado o

- Advertisement -

Sarria acolle un ano máis o gran espectáculo de humor que a empresa de representación sarriana Etiqueta Negra organiza coa colaboración económica do concello na Praza da Vila o propio día de San Xoán ás 21:00 h. Polo escenario do “recuncho da comedia” xa pasaron artistas galegos como Xosé A. Touriñán, David Amor, Miguel Lago, Javier Veiga ou Ledicia Sola entre outros.

Este ano, o trío de cómicos que chega á Praza da Vila é de auténtico luxo, Álex ClaveroSanti Rodríguez e Oswaldo Digón.

Álex Clavero, un vallisoletano ben apadriñado por JJ. Vaquero dende os seus comezos, pasou polo Club da Comedia e Comedy Central e na actualidade participa todas as mañás no Francotirarock de Rock FM.

Santi Rodríguez, o froiteiro máis famoso do país,  chega por primeira vez a Sarria tras moitos anos triunfando por todos os platós e teatros de España.

Oswaldo Digón, o lucense afincado na Coruña é un dos cómicos galegos máis valorados da actualidade. Participa no programa Malo será da TVG e será o encargado de presentar a gala.

Cartel do espectáculo

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...