HomeCulturaUn San Xoán con moito humor en Sarria

Un San Xoán con moito humor en Sarria

Volve a Sarria, por cuarto ano consecutivo, “O Recuncho da Comedia”. Tres grandes humoristas do panorama nacional actuarán o luns 24 de xuño na Praza da Vila

Publicado o

- Advertisement -

Sarria acolle un ano máis o gran espectáculo de humor que a empresa de representación sarriana Etiqueta Negra organiza coa colaboración económica do concello na Praza da Vila o propio día de San Xoán ás 21:00 h. Polo escenario do “recuncho da comedia” xa pasaron artistas galegos como Xosé A. Touriñán, David Amor, Miguel Lago, Javier Veiga ou Ledicia Sola entre outros.

Este ano, o trío de cómicos que chega á Praza da Vila é de auténtico luxo, Álex Clavero, Santi Rodríguez e Oswaldo Digón.

Álex Clavero, un vallisoletano ben apadriñado por JJ. Vaquero dende os seus comezos, pasou polo Club da Comedia e Comedy Central e na actualidade participa todas as mañás no Francotirarock de Rock FM.

Santi Rodríguez, o froiteiro máis famoso do país,  chega por primeira vez a Sarria tras moitos anos triunfando por todos os platós e teatros de España.

Oswaldo Digón, o lucense afincado na Coruña é un dos cómicos galegos máis valorados da actualidade. Participa no programa Malo será da TVG e será o encargado de presentar a gala.

Cartel do espectáculo

ÚLTIMAS

Tomé presenta uns Orzamentos de 21,5M€ incrementándose nun 16% con respecto ao 2025

O orzamento será sometido a debate e aprobación no Pleno municipal do vindeiro luns...

O BNG de Monforte esíxelle ao Concello solucións para as traballadoras da limpeza nos colexios públicos

A formación nacionalista lembra que xa preguntou no anterior pleno pola situación destas traballadoras...

O Centro Comercial Ponte Vella dálle a benvida ao Nadal

O C.C. Ponte Vella dará a benvida á Nadal hoxe co acto simbólico de...

“Entre Bruxas” en Torbeo, este 21 de novembro desde as 18:00

No 2025, asociación e concello puxeron en marcha «Tempo de Bruxas», un encontro dedicado...