HomeCulturaInaugurado en Láncara un museo adicado á locomoción agraria

Inaugurado en Láncara un museo adicado á locomoción agraria

O Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria está situado na parroquia de Trasliste.

Publicado o

- Advertisement -

O Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria (Muvicla) abríu hoxe día 24 as súas portas en Trasliste, unha parroquia situada no municipio de Láncara. Cunha inversión de preto de 300.000 euros e moitos meses de traballo, a familia promotora deste proxecto por fin puido inauguralo.

Este centro está integrado nunha casa tradicional de labranza propiedade de Marcos Vázquez, quen conseguiu reunir unhas 350 pezas relacionadas coa produción agropecuarias coa axuda da súa familia. As xoias da colección son oito tractores históricos totalmente restaurados, que permiten realizar un percorrido pola historia da locomoción agraria.

Marcos Vázquez declarou que o museo é moi especial, xa que lles ofrece aos visitantes a posibilidade de realizar “un paseo nun tractor histórico“. Isto débese a que a maquinaria da exposición conta con toda a documentación en regla e están perfectamente preparados para poder circular. Quen acuda a este lugar tamén poderá contemplar unha gran colección de ferramentos e apeiros de labranza.

O Muvicla estará aberto case “permanentemente”, como confirmou o seu responsable, pero para visitalo será preciso pedir cita, dado que a familia que o leva combina esta actividade coa agrícola. Con todo, nos próximos días estará operativa a súa páxina web, na que se poderá realizar un percorrido virtual e concertar unha visita.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...