HomeCultura'Ler conta moito', plan da Xunta para fomentar a lectura

‘Ler conta moito’, plan da Xunta para fomentar a lectura

O Executivo galego destinará algo máis de 9.000 euros a actividades de promoción da lectura a través das bibliotecas municipais.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia vén de anunciar que destinará un 9.200 euros á promoción da lectura na zona sur de Lugo. Este orzamento distribuirase entre as Bibliotecas Municipais de nove concellos, que deberán organizar actividades no marco da campaña Ler conta moito como obradoiros creativos, divulgación de coñecemento, audiovisuais ou actividades con música e teatro, entre outras. Todas estas iniciativas estarán dirixidas a públicos específicos como bebés, cativos, mozos e adultos.

O presuposto total da campaña para todo Galicia é duns 200.000 euros, dos que se beneficiarán 154 concellos. Para optar a estas axudas, as bibliotecas ou axencias de lectura deben estar adheridas a este programa e deben poñer as súas infraestruturas a disposición dos profesionais que vaian desenvolver as actividades.

Os concellos beneficiados polo programa Ler conta moito nesta zona sur de Lugo son Carballedo, Chantada, Taboada, Quiroga, Bóveda, A Pobra do Brollón, Monforte, Sober e O Saviñao; e terán ata o 27 de outubro deste ano para levar a cabo as accións que consideren oportunas.

Responsables de Bibliotecas están descontentos/as en como se está a xestionar este ano o ciclo. Un programa para fomentar a lectura que tería que terse aprobado a principios de ano vén de concretarse hai escasamente semanas, momento no que se resolveron as partidas económicas disponibles para os concellos beneficiarios. Este retraso vai provocar que teñan que ‘apurar’ a selección das actividades dispoñibles no catálogo para encaixar entre xullo e outubro.

ÚLTIMAS

O paro aumentou en setembro 131 persoas na zona centro sur da provincia

Desde o Sindicato ven con preocupación o aumento con respecto ao mes de agosto,...

O IES Río Cabe de Monforte proclámase, no Palacio da Bolsa de Madrid, campión de España de Educación Financeira

O IES Río Cabe de Monforte de Lemos proclamouse este luns campión de España...

O Concello de Monforte concede preto de 78.000 euros a entidades deportivas, culturais, sociais, lúdicas e formativas

O Concello de Monforte vén de informar da concesión de axudas dirixidas a diversas...

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...