HomeCulturaMonforte será a capital internacional da "Historia da Educación"

Monforte será a capital internacional da “Historia da Educación”

A Casa da Cultura acollerá entre os día 9 e 12 de xullo o XX Congreso Historia da Educación, que reúne a expertos de países como España, Portugal, Italia e Brasil.

Publicado o

- Advertisement -

A Casa da Cultura de Monforte acollerá dende o martes 9 de xullo ata o venres día 12 o XX Coloquio-Congreso Internacional “Historia da Educación”, que este ano terá o título “Identidades. Internacionalismo. Pacifismo y Educación”. Trátase dun evento que reunirá a 150 alumnos e no que terán lugar 113 comunicacións, conferencias plenarias, simposios e obradoiros.

Neste encontro participarán as universidades galegas de Vigo, A coruña e Santiago de Compostela, así como a Universidade de Firenze (Italia), a Nova de Lisboa (Portugal) e a Universidade do Estado de Santa Catarina (Brasil). O tema tratado articúlase a través de diferentes tópicos: lexislacións, currícula e formación do profesorado; manualística e prácticas educativas; movementos de opinión, historias de vida, experiencias de educación social e mass media; e organizacións profesionais.

Dentro das actividades programadas, cómpre destacar a conferencia planearia inaugural de Julia Varela Fernández, Catedrática de socioloxía da Universidade Complutense de Madrid; a conferencia de Alejandro Tiana Ferrer, Secretario de Estado de Educación e Formación Profesional; e a de António Sampaio da Nóvoa, profesor da Universidade de Lisboa e Embaixador de Portugal na UNESCO. Ademais, o martes ás dez da noite haberá un concerto aberto a todo o público a cargo do grupo de jazz Carmen Penim Cuarteto.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...