HomeCulturaMúsica, humor e nostalxia en Ferreira de Pantón

Música, humor e nostalxia en Ferreira de Pantón

O dueto Carta de Ajuste actuará este venres día 12 ás 23:00 na Praza do Concello de Ferreira.

Publicado o

- Advertisement -

Este venres día 12 terá lugar un concerto do dueto musical e humorístico Carta de Ajuste en Ferreira de Pantón. A actuación terá lugar ás 23:00 na Praza do Concello, ao lado do Edificio Sociocultural.

Este conxunto está formado polos músicos David Taboada e Iván Valdés, e desenvolverán un espectáculo chamado “O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto”. Trátase dun show que combina o humor e a música con grandes doses de interacción co público, cos grandes éxitos das décadas pasadas como fío condutor.

Os dous músicos tentarán reproducir un repertorio moi complexo con só unha guitarra española, unha caixa peruana e dúas voces; algo que lle conferirá unha gran personalidade ás súas versións.

Esta actuación está enmarcada dentro do Ciclo Cultura no Camiño 2019 que cofinancia o Agadic.

ÚLTIMAS

Dáse a coñecer o cartel oficial da XXII Feira Medieval de Monforte

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a imaxe gráfica representativa dun dos eventos...

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...