InicioCulturaAntonio Pazos Bazán leva a Pantón os segredos do mar

Antonio Pazos Bazán leva a Pantón os segredos do mar

Desde esta semana é posible visitar a exposición "La luna y las mareas" no Edificio Sociocultural de Pantón, que contén diversas obras realizadas con materiais mariños.

Publicado o

POR
Segredos de Pantón
- Advertisement -

No Edificio Sociocultural de Pantón pódese visitar a exposición “La luna y las mareas”, de Antonio Pazos Bazán. Este artista, nacido en Madrid e de pai galego, vive no concello pontevedrés de Marín dende hai máis de vinte anos. Alí naceu a súa paixón polas cunchas e os materiais de orixe mariña, cos que realiza diversas obras artísticas. Nunha nova colaboración con Secretos de Pantón tráennos unha entrevista con este artista.

Como se definiría vostede como artista en canto a técnicas e referentes?

Para min a obra que fago é un proceso natural. Collo cunchas, clasifícoas, acumúloas e logo trato de darlles a forma armónica que mais me satisfaga. Desde sempre, recordo ir á praia e recoller cunchas, é unha actividade entretida e moi relaxante. Fágoo por entretemento e polo pracer de realizar algo bonito. É sinxelo e calquera pode facelo. Todo o mundo as acumumula e remata meténdoas nun bote de cristal, aí quedan. Chamoume sempre a atención o uso que se lle deu á cuncha plana de vieira nas Rías Baixas como azulexo nas fachadas das casas e comecei a repetir un cadro feito con estas vieiras ata o infinito. Este
cadro está na casa de todos os meus familiares e amigos. Logo comecei a facer cadros pequenos con outros tipos de cunchas, ourizos, cangrexos e pedras; todo recollido na praia.

Un dos cadros do artista madrileño / Antonio Pazos

A súa obra “La luna y las mareas” é a súa primeira exposición. Como foi esta experiencia?

A experiencia desta primeira exposición foi moi enriquecedora e teño que agradecer este reto a Javier Gonzalez Díaz, que pensou en min e no meu traballo para este espazo do edificio sociocultural do concello de Pantón.

Como foi ou proceso creativo dás obras desta colección? Que pretende amosar en cada peza?

Esta exposición da “La luna y las mareas” vén dunha proposta dun amigo do concello, Javier, a comezo de ano, e traballei nela dende entón. Saquei materiais que tiña acumulados desde hai moito tempo e outros cos que xamais pensara traballar. Con eles construín un ciclo inédito: un calendario lunar de 28 cadros de pequeno tamaño. Traballei con opérculos, ofiuros, vieiras, ourizos, lapas, longueiróns, peneiras, cornechos etc. As cunchas usadas son todas recollidas en Galicia, sobre todo nas rías de Vigo e Pontevedra. Cada praia dá un tipo de conchas. Co tempo aprendín a buscalas en sitios concretos e en estados do mar tamén diferentes. Deixar libre a imaxinación ata onde ela chegue. Todas as pezas son distintas, orixinais e únicas; e todas representan á lúa. O reto é atopar en cada un dos materiais a harmonía interna a partir da xeometría do azaroso, da orde e do caos; e que xurda un mundo de texturas, formas, debuxos e matices de cor que están en potencia dentro das cunchas, caracolas e corales que emprego.

Como lle veu a inspiración para este traballo?

A miña forma de traballo é un continuo tanteo de novas formas de colocar as pezas. Deste xeito, hai unha chea de cadros que nunca ven a luz e quedan na mesa de traballo. Doutra banda, o título da exposicion, “La luna y las mareas”, alude a que recoller as cunchas está sempre determinado polas mareas e estas pola acción da lúa. E no Camiño de Inverno a Santiago que pasa por estas terras da Ribeira Sacra, a cuncha do peregrino é un elemento representativo da costa que se fai presente no interior.

Que elementos o inspiran no seu día a día para a creación artística?

A natureza é a miña principal fonte de inspiración. A historia da arte, distintas tradicións artesás (textil, cestería, brocado, xoiaría…), os mandalas orientais, a xeoloxía, a bioloxía, os fractais, a xeometría, a arte abstracto, a astronomía…! O mundo!

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...