HomeTerra de LemosA Pobra do BrollónMaría Castaña volve á Pobra do Brollón coa presentación de "Pillabán, pillabán"

María Castaña volve á Pobra do Brollón coa presentación de “Pillabán, pillabán”

O escritor chantadés Amador Castro, gañador do Premio Xerais 2019, presenta este domingo día 28 a súa nova novela na Casa da Cultura "Olga Novo".

Publicado o

- Advertisement -

O próximo domingo 28 terá lugar na Pobra do Brollón a presentación da novela Pillabán, pillabán, do escritor chantadés gañador do Premio Xerais 2019 Amador Castro. O acto celebrarase ás 19:00 na Casa da Cultura. O libro trata a historia de María Castaña, unha personaxe que ten as súas orixes na Pobra.

O escritor Amador Castro / Entre Escritores

A pesar de que a expresión “O tempos de María Castaña” é amplamente coñecida, esta personaxe non o é tanto. Pouco se coñece da historia e a orixe desta muller e da súa vida na parroquia brollonesa de Cereixa. A importancia de María Castaña neste lugar é tal que os seus veciños incluso se atreven a sinalar a súa suposta casa. Foi o arqueólogo e historiador Xurxo Ayán, orixinario de Cereixa, quen guiou a Amador Castro a través da historia de María Castaña e a pouca documentación medieval existente. Alí, o escritor chantadés tamén puido coñecer de primeira man as historias dos veciños, que lle permitiron escribir Pillabán pillabán.

“María Castaña representa a rebeldía fronte aos abusos de poder que caracteriza aos guímaros”, comentaba o Concelleiro de Cultura da Pobra do Brollón, Ricardo Rodicio, sobre a protagonista desta novela.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...