HomeCulturaMúsica na Rúa, unha proposta musical alternativa en Escairón

Música na Rúa, unha proposta musical alternativa en Escairón

A novena edición deste festival terá lugar entre os días 2 e 6 de agosto, coincidindo coas Festas Patronais de Escairón.

Publicado o

- Advertisement -

Esta fin de semana comezan as Festas Patronais de Escairón. Con todo, as orquestras Combo Dominicano, Olympus, Trébol e compañía non serán os únicos conxuntos que encherán de música a capital do Saviñao. Entre os días 2 e 6 de agosto, a Avenida de Bos Aires, a Sala Avenida e as Bodegas Abadía da Cova acollerán a novena edición do Festival Música na Rúa, organizado pola Asociación Esmoquin Escairón e a Sala Avenida.

Futuro Terror, El Coleta, Methone, Dr. Varito, Cuchillo de Fuego, Death Whistle e Rastrejo son os cabezas de cartel dunha cita musical que xa se constituíu como unha alternativa á verbena tradicional das Festas de Escairón. Falamos con Emilio Vázquez, membro da Asociación Esmoquin Escairón, para coñecer un pouco máis sobre esta proposta cultural no Saviñao.

Programa completo

Como naceu a idea de crear este Festival?

Durante todo o ano facemos moitos eventos con música en directo na Sala Avenida. Co Festival o que pretendemos é levar á rúa estas propostas e que os veciños se sintan parte delas.

Que tipo de música poderemos escoitar no Música na Rúa?

Neste festival ten cabida todo tipo de música. Iso si, ten que ser orixinal, non temos ningún grupo de versións.

Como se financia un proxecto privado desta magnitude?

Estes anos estivemos recadando achegas do comercio local e diversos sponsors. Destes, o máis importante é Adegas Moure, que ademais nos permite ter actuacións na súa bodega, nun enclave tan marabilloso como A Cova.

Concertos na terraza de Adegas Moure -Abadía da Cova-

Que impacto ten para o Festival que coincida coas Festas Patronais de Escairón?

Eu creo que, por suposto, é unha ventaxa. Quen non o vexa así non é consciente do gran esforzo que nos supón argallar este pequeno circo. Ademais, estamos vendo que os visitantes, a xente que está de paso en Escairón, vive con moita máis intensidade esta festa ca os habitantes da vila.

Como se presenta a edición deste ano?

O Festival vai a mellor, contamos con máis xente e máis músicos da contorna, ademais dos cabezas de cartel. Gústanos traer a artistas que non viven da música pero que non poden vivir sen ela.

Cartaz do Festival Música na Rúa / Sala Avenida

ÚLTIMAS

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...