HomeCulturaO VIII 'Festival do Paradiso' será o 7 de setembro

O VIII ‘Festival do Paradiso’ será o 7 de setembro

A asociación cultural monfortina Naúfrados do Paradiso vén de anunciar a data escollida para a celebración do seu principal acto cultural e festivo.

Publicado o

- Advertisement -

Un ano máis veciños/as e visitantes de Monforte poderán desfrutar dun evento cultural gratuíto no que as actuacións musicais de distintas bandas do territorio galego serán as protagonistas.

Como novidades principais nesta edición comentar que se trasladarán as actividades ao céntrico Parque dos Condes e que se ampliará o horario, contando por primeira vez coa celebración dunha sesión vermú a partir das 12:30 h. da mañá.

Segundo trasladan dende a organización, este festival ten que seguir medrando e aporta unha alternativa cultural necesaria para Monforte e a súa contorna. “Seguimos firmemente convencidos da necesaria presenza de eventos coma o noso festival así coma das actividades e iniciativas promovidas por outros colectivos da zona”, apuntan.

Engaden así mesmo que “logo de 8 anos, humildemente, podemos dicir que o Festival do Paradiso é un elemento dinamizador tanto da cultura coma da economía local, e seguiremos loitando mentres nos queden folgos por achegar artistas dos circuitos alternativos á nosa vila”.

Imaxe da I edición do Festival do Paradiso. Foto: Náufragos do Paradiso.

O equipo de “naúfragos/as do paradiso” que traballan na organización aproveitan tamén para agradecer o apoio recibido nas edicións anteriores de todos e todas os colaboradores, comercios locais e asistentes ao festival, xente que fai posible que o evento siga adiante.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...