HomeCulturaCultura no Camiño en Quiroga e Pantón

Cultura no Camiño en Quiroga e Pantón

O Programa Cultura no Camiño que promove a Consellería de Cultura e Turismo achega actividades de lecer esta fin semana aos concellos de Quiroga e Pantón. E na igrexa chantadina de Pesqueiras, a Asociación Amigos do Románico prepara actividades para este domingo.

Publicado o

- Advertisement -

Este sábado ás 12.00 comeza na rúa Real, en Quiroga, o espectáculo de maxia de Berta Ramos, Petite Caravane. Canso de que o rexeiten en tódos os teatros, o artista de variedades máis pequeno do mundo decide montar o seu propio, e non só o fai acorde ás suas medidas, senon que tamén lle pon rodas para levalo a todos os rincóns dp mundo.

Tamén este sábado, 10 agosto, ás 23.00, a Praza do Concello de Pantón acolle un concerto a cargo das Antonias, un grupo conformado por Antonia Le (Ana Le), Antonia Colorees (Mamen Bazarra), e Antonia Pentagramas (Elena García-Fresca). Nos últimos meses incorporaron membros novos para ofertar así unha formación máis completa, incluíndo a Antonia A Feira (Sabela Caridade) á percusión. Ao berro de “Todos somos As Antonias!” inclúen a participación de homes e mulleres no seu espectáculo.

O domingo, 11 de agosto, a Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada organiza un acto cultural reivindicativo na igrexa románica de Santa Mª de Pesqueiras. Ás 17.00  haberá pintura ao libre e las 17.30 misa co acompañamento musical do Trícole e actuación do poeta e contador de historia Celso F SanMartín. Desde a organización recoméndase non acceder en coche ata a igrexa.

ÚLTIMAS

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...