HomesociedadeMonforte fará unha poda de rebaixe nos magnolios dun tramo da rúa...

Monforte fará unha poda de rebaixe nos magnolios dun tramo da rúa Cardeal

Os traballos desenvolveranse a vindeira semana nas árbores das dúas beirarrúas do tramo comprendido entre a Avenida de Galicia e o Parque dos Condes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A brigada de Parques e Xardíns da Concellaría de Medio Ambiente realizará nos vindeiros días traballos de poda de rebaixe nos árbores ornamentais da céntrica rúa Cardeal. Concretamente, no tramo comprendido entre a Avenida de Galicia e o Parque dos Condes, arborado con magnolios en ámbalas dúas beirarrúas.

O obxectivo desta medida é adaptar as árbores existentes ao espazo dispoñible para evitar que as ramas rocen nas primeiras plantas das fachadas. O alcalde, José Tomé, explica que os magnolios “son árbores grandes de fácil rebrote, polo que que é preciso controlar a parte aérea con podas de rebaixe para que a súa condición ornamental nos espazos urbanos da nosa cidade sexa compatible coa preservación dos edificios”.

Neste senso, os servizos de Medio Ambiente do Concello procederán, na vindeira semana, a facer unha poda selectiva para eliminar ramas que interfiran coas construcións colindantes e recortar a copa. O rexedor indica tamén que a poda de rebaixe prevista neste treito da rúa Cardeal é semellante á que se fixo fai arredor dun ano na esquina da rúa Hortas

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...