HomeCulturaExposición de pintura 'interxeneracional" no Círculo Saviñao

Exposición de pintura ‘interxeneracional” no Círculo Saviñao

Os autores das obras expostas teñen entre 10 e 70 anos.

Publicado o

- Advertisement -

O Círculo Saviñao de Escairón vén de inaugurar unha “heteroxénea” exposición con obras
dos alumnos e alumnas das clases de pintura do pintor arxentino afincado na Ribeira Sacra, Alejandro Ciurluini, e tamén unha pequena mostra da súa propia obra.

Como detalle peculiar, os autores desta mostra teñen entre 10 e 70 anos, feito que lle dá á exposición unha atractiva singularidade.

Inauguración da mostra con numeroso público. Foto: Círculo Saviñao

Enrique Sampil, presidente da sociedade cultural de referencia no Concello do Saviñao, aproveitou a inauguración para darlles ánimos a todos e todas os alumnos/as e pedirlles que sigan practicando e adquirindo a necesaria técnica que lles permita expresar toda a súa creatividade no futuro.

A mostra estará aberta ó público no local social ata o vindeiro 15 de setembro.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...