HomeCulturaRiversidade trae á artista Fernanda Fragateiro á Ribeira Sacra

Riversidade trae á artista Fernanda Fragateiro á Ribeira Sacra

A creadora portuguesa Fernanda Fragateiro visitará a Ribeira Sacra en setembro con motivo da súa participación nos talleres do ciclo 'Riverside', proxecto de Fillos de Rivera para fomentar a arte e a creatividade.

Publicado o

- Advertisement -

A Edición 2019 de Riversidade, proxecto de compromiso social de Fillos de Rivera para fomentar a arte e a creatividade, contará coa artista portuguesa, Fernanda Fragateiro.

Do 13 ao 15 de setembro, doce alumnos terán a oportunidade de compartir espazo e experiencia coa creadora na contorna da Ribeira Sacra, tendo como punto de reunión as instalacións de Custom Drinks en Chantada (Lugo), onde se elaboran as sidras Maeloc.

Fernanda Fragateiro é unha artista versátil que investiga materiais, obxectos e espazos. “Operando no campo tridimensional e desafiando a tensión entre escultura e arquitectura, as obras de Fragateiro potencian as relacións con cada lugar, sumindo ao espectador nunha situación performativa”, subliñan os promotores desta iniciativa.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...