HomeCulturaMúsica no Saviñao e cultura urbana en Bóveda

Música no Saviñao e cultura urbana en Bóveda

O grupo musical Minguante, puxo punto e final ás citas coa terraza de verán do Círculo Saviñao e o concello de Bóveda propón en setembro talleres de cultura urbana.

Publicado o

- Advertisement -

O concello de Bóveda organiza neste mes de setembro uns talleres de cultura urbana destinados a mozos de entre 12 e 30 anos.

As actividades, que teñen por obxectivo crear talleres de espazos xuvenís en Bóveda, comezaron o pasado día 1 un obradoiro de rap en galego. O día 3 de setembro, en horario de 18.00 a 20.00, no pavillón municipal farase un macromural colaborativo. E o día 15 de setembro de 18.00 a 22.00, terá lugar en Rubián un obradoiro de rap en galego, un obradoiro de salckline e parkour park móvil.

Rematan os concertos de terraza do Círculo Saviñao

O grupo musical Minguante, formado por Miguel Alonso e Óscar Martínez, veñen
de actuar na terraza de verán do Círculo Saviñao, poñendo así fin a estas
tardes musicais, que se viñeron desenvolvendo nos meses de xullo e agosto.

Ofreceron ata o anoitecer  versións doutros grupos e autores e tamén composicións propias do que será o seu próximo disco e de discos de Miguel Alonso como “A noite dos cans” (2010), “Comodioses de alquiler” (2014) e “Literaria” (2019), no que musicaliza a diferentes poetas galegos actuais .

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...