HomeCulturaA 'navalla de Manuel María' será este ano para o quirogués Xosé...

A ‘navalla de Manuel María’ será este ano para o quirogués Xosé Estévez

Esta tarde celébrase na Terra Chá o tradicional cabodano na honra do intelectual galeguista cun acto que comeza ás 15:00 h. cun xantar de irmandade.

Publicado o

- Advertisement -

Como vén sendo tradicional chegado o día 8 de setembro, a Irmandade Manuel María e a Asociación Cultural Xermolos organizan unha xornada homenaxe ao senlleiro poeta lucense coincidindo coa data do seu pasamento.

O acto comeza ás 15:00 h. cun xantar de irmandade no Restaurante Río Ladra, comida na que se puideron apuntar previamente todos aqueles que estiveron interesados/as. A continuación, ás 17:00 h. realizarase un recital poético no emblemático lugar de Penas de Rodas, no seu Outeiro de Rei natal.

Ás 18:00 h. levaráselle unha rosa ao cemiterio da devandita localidade, onde foi enterrado Manuel María, con acompañamento de versos e comunicados. Despois deste momento de dedicatorias farase a ‘Benvida’ co Canto da Irmandade que interpretarán ‘O Carro‘ de Manuel María e Mero.

Rematando a homenaxe, ás 18:30 h. desenvolverase o “rito das navallas” como lembranza deses obxectos persoais que gardaba o intelectual chairego. Este ano recibirá a Navalla de Manuel María o historiador quirogués Xosé Estévez. Fai a entrega Branca Rodríguez e presenta Paco Martín. Xunto coa navalla, Estévez recibirá tamén unha lámina de Eneko.

A entrega da navalla a título póstumo será para Xavier P. Docampo. O encargado de poñela na man da súa familia e darlles tamén unha lámina de Suso Cobeiro será Mero Iglesias.

O acto rematará cun bocado comunal, grolo de irmandade e acompañamento poético e musical.

ÚLTIMAS

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...