HomeCulturaTeatro afeccionado no Incio

Teatro afeccionado no Incio

O Concello do Incio contará con dúas funcións do proxecto teatral que promove a Deputación de Lugo ‘Buxiganga’ os vindeiros meses. A primeira obra será o vindeiro 28 de setembro.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación Cultural Abrente porá en escena ‘As pastillas de Farruco’ o vindeiro día 28 de setembro, mentres que o Grupo de Teatro Augas do Sil traerá á localidade a súa obra ‘Princesa busca pretendente’ o día 27 de outubro.

‘As pastillas de Farruco’ é unha obra pensada para o público adulto, mentres que ‘Princesa busca pretendente’ é unha comedia dirixida a todos os públicos. Ambas as representacións levaranse a cabo na Sala Multiusos do Concello do Incio ás 19:00 horas.

Desde o Concello do Incio valoran a oportunidade de poder contar con estes grupos de teatro amador con gran tradición na provincia e animan aos veciños e veciñas a participar nas representacións.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...