HomeCulturaPresentación do primeiro libro en galego con obra de Manuel Jorge

Presentación do primeiro libro en galego con obra de Manuel Jorge

A Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada presenta o día 11 de outubo o primeiro libro en galego cunha selección da obra do pintor chantadino.

Publicado o

- Advertisement -

O libro que se presenta no Círculo Recreativo e Cultural de Chantada o venres, 11 de outubro, ás 18.00 horas, é un catálogo da exposición MANUEL JORGE, Obra Pictórica 1958-2017 que hai un ano estivo no Museo Provincial de Lugo e no Auditorio de Chantada.

A edición, financiada pola Deputación, inclúe unha entrevista co autor e unha selección das súas obras máis importantes. Na presentación anunciarase os novos pasos da asociación respecto ó depósito do legado de Manuel Jorge e a creación dun centro de arte contemporáneo en Chantada.

Manuel Jorge naceu en Chantada en 1929, pintor prolífico e autodidacta, marchou estudar arquitectura en Madrid, viviu en Menorca e Cadaqués, instalándose finalmente en Xàbia, na Marina Alta alicantina, onde vive actualmente e é un arquitecto recoñecido. O autor conta con mais de 2.000 pezas entre esbozos, pinturas e obra gráfica.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...