HomeCulturaTriacastela entra nas redes sociais "para abrirse ao mundo"

Triacastela entra nas redes sociais “para abrirse ao mundo”

O Concello de Triacastela estréase nas redes Facebook e Instagram para converterse nun escaparate aberto ao mundo

Publicado o

- Advertisement -

O Goberno local do Concello de Triascastela vén de abrir dous perfiles institucionais nas redes sociais Facebook e Instagram. Trátase, segundo explica a rexedora, Olga Iglesias, “de establecer unha canle de comunicación cos veciños e veciñas aos que manteremos puntualmente informados da actividade municipal, así como poder gañar visibilidade achegándonos a parte desas 186 nacionalidades que ao longo do ano atravesan a Ruta Xacobea cara a Compostela”.

A través destes perfiles, que xa están operativos, o Goberno local pretende difundir información das actividades municipais e do tecido económico, social e cultural do Concello. “Divulgar contidos de interese e ofrecer un servizo público aos veciños e veciñas que demanden información local”.

“Pretendemos non só informar aos veciños que viven en Triacastela senón tender unha ponte de comunicación permanente tamén cos que por diferentes razóns viven fóra pero queren seguir vinculados ao noso Concello e cos miles de peregrinos que cada ano nos visitan”, precisa a alcaldesa.

ÚLTIMAS

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na Asociación de Ecoturismo en España (AEE)

A incorporación á AEE permitirá ao Consorcio sumar esforzos cunha rede estatal especializada en...

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...