HomeCulturaMercado de outono de Monforte con Samaín e showcooking

Mercado de outono de Monforte con Samaín e showcooking

O Concello de Monforte celebrará os días 2 e 3 de novembro o tradicional Mercado de Outono na Praza de Abastos de Monforte

Publicado o

- Advertisement -

No mercado de outono contarase con produtos desta tempada, como mel, pementón, cogomelos,castañas, noces, marmeladas, sidra, doces, queixos ou embutidos. En total serán 14 postos de venda directa deste tipo de produtos.

Este mercado de produtos naturais e típicos de outono abrirá as súas portas o sábado 2 de novembro de 10 a 14 horas, e tamén pola tarde, de 17:00 a 20:30 horas. No caso do domingo 3, o seu horario só será de 10:30 a 14 horas.

Dentro do Mercado de Outono haberá un espazo destinado ós mais cativos, a chamada “Pequepraza” onde se farán actividades destinadas a nenos e nenas co obxectivo de familiarizalos coa Praza de Abastos.

Nesta ocasión, programáronse dende o Concello as seguintes actividades, dirixidas tanto a nenos e nenas coma a público adulto:

Sábado 2: O Samaín na praza

11:00 a 14:00 –Showcooking do Samaín para nenos/as. A partir de 5 anos, elaboración de doces e salgados terroríficos para esta data.

17:30 a 20:30–  Festa do Samaín:  disfraces, maquillaxe, baile, obradoiro de cabazas(traer cabazas, preferiblemente baleiras)

18:00.-  O mundo das abellas, a colmea e a produción da mel, degustacións –  Xornada didáctica para nenos/as a partir de primaria e adultos

Domingo 3:

11:00 a 14:00- Showcooking para adultos Cociña de outono– elaboración de pratos con produtos típicos do outono: 1º-2º e sobremesa, todo con degustacións.

12:00- Contacontos do outono

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...