HomeCulturaCine con "grandes temas do noso tempo"

Cine con “grandes temas do noso tempo”

Este xoves, 7 de novembro, comeza na Pobra do Brollón o ciclo de cine ‘Grandes temas do noso tempo’, unha proposta para as noites dos xoves de novembro. As proxeccións serán ás 20:30 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’

Publicado o

- Advertisement -

As proxeccións deste ciclo de cine tratarán temáticas de peso na actualidade como o cambio climático, a auxe da estrema dereita ou a espionaxe nas redes. O ciclo arranca con Before the flood, un documental sobre cambio climático protagonizado por Leonardo DiCaprio e producido en 2016 en colaboración con National Geographic. Esta proxección realízase grazas á colaboración co colectivo Profes por el Futuro (Teachers for Future Spain).

‘Noutros ciclos de cine que organizamos anteriormente, centrámonos na realidade máis próxima do rural galego. Pero entendemos que a Guimaralia está inserta nun sistema global e hai problemáticas que inevitablemente nos afectan e que queremos analizar con este novo ciclo,’ comenta Ricardo Rodicio, concelleiro de cultura.

A idea con este ciclo é que despois das proxeccións na Casa da Cultura, continúe a actividade nos bares locais para debater amigablemente as problemáticas expostas nas películas. As seguintes proxeccións serán Las chicas de Amanecer Dorado (xoves 14), El Gran Hackeo (xoves 21) e remata cunha proxección sorpresa o xoves 28.

ÚLTIMAS

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...

104.000€ para a estrada provincial en Pantón que vai de Següín aos Peares por Pombeiro

O proxecto do que se encargará a empresa OPAGA 003 SL, inclúe a rehabilitación...

Máis de 230 persoas participan o 15 de marzo no V Xacorun Sarria

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, interviu na presentación da proba xunto con...