HomeCulturaTarde de teatro en Bóveda e en Pantón

Tarde de teatro en Bóveda e en Pantón

Interesantes propostas escénicas para aproveitar a tarde de choiva deste 10 de novembro.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Bóveda programa para as 17.00 h. a peza “Sucesos”, baseada na obra ‘Paso de cebra e suceso’, de Gustavo Perna. A representación corre a cargo do grupo de teatro monfortino “Viraventos” e a adaptación da obra foi feita por Eva Ferreira.

Serán 9 sketchs sobre outras tantas situacións dun día calquera interpretadas por oito actores/as baixo a dirección de Eva Ferreira.

Este mesmo día pero ás 18.00 h. o Concello de Pantón ofrece a obra “Un funeral para morrer de risa”. Apta para público familiar e a cargo do grupo de teatro Prodeme de Monforte.

Será no Salón de Actos da Casa da Cultura, a entrada é de balde pero haberá un peto solidario para recadar fondos para a ONG ACNUR.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...