HomeCulturaPresentación literaria en Monforte

Presentación literaria en Monforte

Trátase de 'Seique', un relato contemporáneo da posguerra española. A autora, Susana Sánchez Arins, obtivo o premio de Mellor novela 2019 polas librerías de Madrid.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación cultural, educativa e Social aulABERTA, creada por persoas relacionadas co mundo do ensino e con inquedanzas nos ámbitos cultural, educativo e social organiza unha actividade literaria este venres 15 de novembro ás 20.00 h. no Salón de Actos do Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte. Trátase da presentación do libro “Seique“, da escritora galega Susana Sánchez Arins.

a obra

Seique conta feitos reais nunha rede de voces silenciadas durante moitas xeracións, que non está escrito dende a reflexión política, senón dende a xustiza poética. É un relato contemporáneo da posguerra española. Está escrito en secuencias curtas, onde recolle a memoria íntima dunha familia e vai reconstruíndo a súa vida insignificante para mostrar o terror da represión despois da Guerra civil. A narración arrastra ao lector ata o final polo ritmo, as diferentes voces, a autencidade e a comprensión paulatina de por que esa época está silenciada. Susana Sánchez fala da xustiza poética como unha forma de darlle vida a aqueles que non quixeron ser nomeados despois da morte: os represores. E tamén lle devolve a vida a aqueles que morreron nas cunetas ou viviron marxinados: os represaliados. Con este libro Susana Sánchez obtivo o premio de Mellor novela 2019 polas librerías de Madrid.

a autora

Susana Sánchez Arins. Como ela mesma se define é unha muller de aldea, galega e profesora de ensino secundario o que lle fai lembrar todos os días que aínda hai moito que facer para conseguir a igualdade entre mulleres e homes, porque eles seguen a soñar cunha esposa perfecta e elas continúan a ilusionarse coa chegada dun príncipe azul. Estas tres identidades marcan, segundo di, a súa personalidade con moita forza.

Ten estudos de Filoloxía, a falta de unha, dúas (Filoloxía Hispánica e Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, que lle permitiu achegarse a unha chea de literaturas, libros e escritoras. Realizou un Posgrao en Teoría e Crítica Literaria e Literatura Portuguesa. É membro da plataforma de crítica feminista A Sega e presidenta da organización Non gubernamental Implicadas no Desenvolvemento. Colabora co xornal dixital Praza Pública.

publicacións

Ten tres poemarios publicados[de]construçom en Espiral Maior en 2009 -co que gañou o Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé-, A noiva e o navío con Através Editora (2012) e Aquiltadas de Estaleiro editora (2012).

Alén disto ten dous blogues, un para ir publicando os seus escritos ao que lle puxo o nome de dedoscomovermes e outro para as súas lecturas, comopamdaboca.

En Narrativa: Seique, Através Editora (2015), traducida ao castelán Dicen, e Tu contas e eu conto, tamén con Através Editora (2018).

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...