HomeCulturaLuis Iglesia e Marcos Orsi representan "Sénior" en Monforte

Luis Iglesia e Marcos Orsi representan “Sénior” en Monforte

O Edificio Multiusos de Monforte acollerá este xoves 12 de decembro ás 20:15 horas a posta en escena da obra que produce a Cía Culturactiva.

Publicado o

- Advertisement -

Esta obra é a quinta e derradeira das representacións que a Delegación de Cultura do Concello de Monforte programa no último trimestre de 2019, dentro das actividades da Rede Galega de Teatro e Auditorios que promove a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia -AGADIC-. A peza está dirixida a público adulto e a entrada costa 5 euros, sendo de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

Sénior é un espectáculo cómico sobre a crise dos 50 que conta cos actores Luis Iglesia e Marcos Orsi baixo a dirección de Avelino González.

Trátase dunha reflexión en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade. Cando se abandona a madurez e se comeza a ser sénior? Estamos realmente preparados/as para os retos e problemas que se nos botan enriba ao cumprir o medio século? E, sobre todo, estamos preparados/as para ser vellos/as?

Cunha comicidade sinxela e directa, na que doadamente se verá identificada a audiencia, e apoiada nun texto enxeñoso de creación propia, Sénior permitiranos rir das situacións máis cotiás, de divertidas anécdotas que, seguramente, moitos/as de nós chegamos a vivir e de escenas que só se poden vivir, gozar e padecer a partir dos 50 anos.

Grandes dilemas do sénior: visto como o meu fillo ou como o meu pai? Estou enfermo ou só me fago vello? Porque van todos como tolos nos coches? Isto da idade ten algún remedio?… Ducias de preguntas que este espectáculo non resolverá, pero que son a escusa perfecta para pasar un momento entretido.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...