HomeCulturaOportunidade para ver ao Apalpador no Courel

Oportunidade para ver ao Apalpador no Courel

O vindeiro 28 de decembro baixará da Devesa da Rogueira para recibir aos nenos e nenas e entregarlles castañas e algúns agasallos.

Publicado o

- Advertisement -

O día 28 de decembro o Apalpador baixará das montañas do Courel para recibir a visita dos pequenos e pequenas que queiran velo e trasladarlle os seus desexos. Entregará aos presentes unhas fardelas de castañas secas e algúns agasallos.

O punto de encontro será unha pequena cabana que hai na entrada da Devesa da Rogueira, a menos dun quilómetro da Aula da Natureza que hai en Moreda -Seoane-. Alí, a carón do lume e ben abrigado, estará ás 17:00 h. para compartir o seu tempo cos que se acheguen.

Recibimento do Apalpador (2018). Foto: Guillermo Díaz

A continuación, sobre as 18:00 h. haberá unha actuación de maxia na Escola de Moreda a cargo do mago Samuel Moreno, un rapaz que vai para crack e que xa estivo de concursante no programa de televisión “Got Talent”. Despois da maxia, merenda e chocolatada para todos e todas.

Mago Samuel Moreno

Organizan esta actividade o Concello de Folgoso do Courel coa colaboración da Asociación Fonte do Milagro.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...