HomeCulturaA Mesa normalizando a lingua en Quiroga

A Mesa normalizando a lingua en Quiroga

A Casa da Cultura de Quiroga acollerá o vindeiro sábado, 4 de decembro ás 18:00 h, o espectáculo de contos do narrador Caxoto, "Un Paxe Real en Apuros", cita organizada pola MESA pola Normalización Lingüística na zona de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

A Mesa pola Normalización Lingüística na zona de Lemos organiza, por terceiro ano consecutivo, unha actividade infantil aproveitando estas datas de Nadal. A idea da entidade é levar, de forma rotativa, esta acción de dinamización do galego a concellos do sur de Lugo, sendo este ano Quiroga o concello escollido.

O espectáculo, previa proposta ao concello en cuestión e aceptación deste, cedendo un espazo, é financiado integramente pola MESA correndo tamén co gasto de impresión da cartelería.

Así, pois, a Casa da Cultura de Quiroga acollerá o vindeiro sábado 4 de decembro ás 18:00 h. o espectáculo de contos do narrador Caxoto, “Un Paxe Real en Apuros”.

ÚLTIMAS

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...