HomeCulturaBuscando o espírito da Feira do Viño de Amandi

Buscando o espírito da Feira do Viño de Amandi

O Concello de Sober convoca o seu tradicional concurso de deseño gráfico para elixir o cartel anunciador da XL Feira do Viño de Amandi, que se celebrará os días 4 e 5 de abril de 2020. O prazo para presentar os orixinais remata o 15 de febreiro.

Publicado o

- Advertisement -

Poden participar no concurso todos os interesados, con traballos en formato A3 e técnica libre. Deberán ser presentados en soporte ríxido para facilitar a súa exposición. Só se pode presentar un cartel por autor ou autora. Quedan exentas, tal e como se ten acordado, aquelas persoas que teñan recibido o premio cando menos en dúas ocasións para permitir así o acceso a novos creadores.

Temática

Os deseños deben reflectir o espírito da Feira do Viño de Amandi facendo especial fincapé no sector vitivinícola e no noso patrimonio e cultura.

Os traballos presentados quedarán en poder do Concello de Sober. O deseño gañador será empregado como cartel anunciador da XL Feira do Viño de Amandi, así como nos programas de man. O cartel gañador será propiedade do Concello de Sober, quen poderá cedelo a terceiros. O autor ou autora renuncia a todos os dereitos de explotación, só conservarán os dereitos de autor para incluílo no seu currículo.

Cómo participar

Os traballos deberán ser presentados nun sobre pechado co lema do cartel, sen ningunha forma de identificación. Noutro sobre levará escrito o lema e no seu interior deberá conter os datos do autor, tales como o nome, o enderezo e o teléfono de contacto. O cartel terá que levar de xeito obrigatorio os seguintes datos: XL Feira do viño de Amandi. Festa de Interese Turístico. Sober. A páxina web www.concellodesober.com e a data de celebración, 4 e 5 de abril.

A entrega de orixinais farase na Casa do Concello dende o 13 de xaneiro ata o día 15 de febreiro de 2020. O horario de entrega será de 10:00 a 14:00 horas. Tamén poden ser enviados por correo postal ao Concello de Sober.

O cartel darase a coñecer o 7 de marzo. Establécese un premio ao traballo gañador de 600 euros en metálico.

ÚLTIMAS

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...