HomeCulturaO premio do Concurso de Contos Solidarios de RNE chega a Sober

O premio do Concurso de Contos Solidarios de RNE chega a Sober

Publicado o

- Advertisement -

Os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme recolleron en Ourense o premio da XVI edición do Concurso de Contos Solidarios, convocada por Radio Nacional de España e a Fundación Crecer Xogando, dentro da campaña solidaria ‘Un Xoguete, Unha Ilusión’.

Esta nova edición do Concurso contou coa participación de alumnos de Educación Primaria de entre 6 e 12 anos e de Educación Especial de toda España.

Os premios foron entregados por Rafael Cid, delegado territorial de RTVE Galicia e Marta Pastor, directora da Fundación Crecer Jugando. Os nenos e nenas de Sober foron os gañadores de segundo ciclo. 

ÚLTIMAS

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...