A Asociación de Veciños de San Román de Moreda vén de recuperar a tradición do xoves de compadres, que non se celebraba nesta parroquia do Concello de Pantón dende hai máis de 50 anos. A asociación naceu no ano 2019 co obxectivo de recuperar o patrimonio material e inmaterial da parroquia e dinamizar a súa vida cultural e recreativa. A súa primeira actuación deste 2020 foi a recuperación do tradicional xoves de compadres.


En concellos como Sober, A Pobra do Brollón e Pantón tamén participaron con representacións satíricas dos seus veciños e veciñas. Aquí unha pequena mostra fotográfica dalgúns “compadres”.



Representación de traballos do campo na parroquia de Anllo, en Sober.


Aquí unha mostra dos que se puideron ver na Pobra do Brollón.




No Concello de Pantón tiveron especial protagonismo “os brigadistas”, seica traballan ben…


A hostelería local tamén aparece representada.

En Monforte tamén se puideron ver moitos, e con especial interese na Praza de España onde se representaron, recibiron os premios correspondentes e moitos remataron na fogueira. Por sinalar algúns, salientar o premio recibido polo Centro do Viño, con Edu Iglesias e o Parga como protagonistas, ou o Colexio Ferroviario pola súa homenaxe aos “50 anos de Barrio Sésamo”. Albores tamén participou, como cada ano. Pódense consultar os 17 premiados na web do concello.





