InicioCultura'Xoves de Compadres' unha tradición que vai a máis en Lemos

‘Xoves de Compadres’ unha tradición que vai a máis en Lemos

Esta tradición ten cada vez máis presenza en todos os concellos da Comarca de Lemos. Aquí temos algúns exemplos gráficos, o máis recente da man da Asociación de Veciños de San Román de Moreda que a recupera este ano despois de 50 sen facelo.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación de Veciños de San Román de Moreda vén de recuperar a tradición do xoves de compadres, que non se celebraba nesta parroquia do Concello de Pantón dende hai máis de 50 anos. A asociación naceu no ano 2019 co obxectivo de recuperar o patrimonio material e inmaterial da parroquia e dinamizar a súa vida cultural e recreativa. A súa primeira actuación deste 2020 foi a recuperación do tradicional xoves de compadres.

Compadres en San Román de Moreda. Foto: Asoc. Veciños
Compadres en San Román de Moreda. Foto: Asoc. Veciños

En concellos como Sober, A Pobra do Brollón e Pantón tamén participaron con representacións satíricas dos seus veciños e veciñas. Aquí unha pequena mostra fotográfica dalgúns “compadres”.

Compadres Concello de Sober
Compadres Concello de Sober
Compadres Concello Sober

Representación de traballos do campo na parroquia de Anllo, en Sober.

Compadres na parroquia de Anllo
Compadres na parroquia de Anllo

Aquí unha mostra dos que se puideron ver na Pobra do Brollón.

Compadres no Centro de Día da Pobra do Brollón.
Compadres na Pobra do Brollón
Compadres na Pobra do Brollón
Compadres na Pobra do Brollón

No Concello de Pantón tiveron especial protagonismo “os brigadistas”, seica traballan ben…

Compadres no Concello de Pantón
Compadres no Concello de Pantón

A hostelería local tamén aparece representada.

Compadres no Concello de Pantón

En Monforte tamén se puideron ver moitos, e con especial interese na Praza de España onde se representaron, recibiron os premios correspondentes e moitos remataron na fogueira. Por sinalar algúns, salientar o premio recibido polo Centro do Viño, con Edu Iglesias e o Parga como protagonistas, ou o Colexio Ferroviario pola súa homenaxe aos “50 anos de Barrio Sésamo”. Albores tamén participou, como cada ano. Pódense consultar os 17 premiados na web do concello.

Cheo total na Praza de España de Monforte no Xoves de Compadres. Foto: Prensa concello
Compadres no Centro do Viño
“50 anos de Barrio Sésamo”, do Colexio Ferroviario / XdL
“Torresaurio” do Colexio Torre de Lemos / XdL
Compadres da Asociación Albores
Queima dos Compadres / XdL

 

ÚLTIMAS

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...