HomeCulturaMonforte ensalza o seu legado sefardí

Monforte ensalza o seu legado sefardí

Monforte recibiu a visita dun grupo de xornalistas especializados en viaxes e turismo, interesados en descubrir o importante patrimonio da cidade do Cabe e da Ribeira Sacra, e de difundilo posteriormente nas súas canles e medios de comunicación.

Publicado o

- Advertisement -

Esta actividade de promoción é un proxecto posto en marcha pola Red de Juderías para visitar as cidades que conforman dita asociación, e Monforte de Lemos é a primeira parada no percorrido.

Co obxectivo de aproveitar ó máximo a visita deste grupo de profesionais da comunicación e difusión turísticas, o Equipo de Goberno do Concello de Monforte organizou unha intensa xornada de actividades que deu comezo pola mañá coa visita á Torre da Homenaxe  e á zona de ámbito xudeu da cidade. Posteriormente visitaron o Colexio de Nosa Señora da Antiga, para coñecer a súa escaleira, o claustro, a igrexa e a pinacoteca.

Nesta visita, foron acompañados pola 1ª Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, pola delegada da Red de Juderías, Marta Puig Quixal e polo técnico de cultura do Concello, Carlos Rodríguez. No percorrido, os xornalistas foron guiados polo investigador monfortino Felipe Aira, e na súa visita ós Escolapios polo seu director, Pablo Blanco.

Ó mediodía, a comitiva foi recibida polo Alcalde da cidade, José Tomé Roca, e a continuación degustaron un auténtico menú sefardí no Parador de Turismo de Monforte. O Alcalde aproveitou a ocasión para darlles a benvida á cidade e para explicarlles o importante patrimonio artístico, cultural e gastronómico da cidade e da Ribeira Sacra. Tamén aproveitou o encontro para obsequiar ós xornalistas cunha serie de volumes sobre a historia da cidade, a Ribeira Sacra, o Colexio dos Escolapios, e tamén a Guía Turística oficial de Monforte.

Red Juderías visita / Concello de Monforte

Pola tarde, continuaron a súa visita achegándose á Ribeira Sacra para visitar o Miradoiro do Duque e o Embarcadoiro Río Sil, así como a Adega Algueira. A continuación, retornaron a Monforte para chaegarse a descubrir o Museo das Clarisas, e concluiron a súa estancia en Monforte disfrutando dunha cata de viños da D.O. Ribeira Sacra no Centro do Viño.

Os días 3 e 4 de marzo, o grupo de xornalistas especializados continuará o seu percorrido por Galicia visitando ás outras dúas cidades galegas que pertencen á Red de Juderías, Ribadavia e Tui.

ÚLTIMAS

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...