HomeCulturaMelloras no tramo do Camiño de Inverno ó seu paso por Monforte

Melloras no tramo do Camiño de Inverno ó seu paso por Monforte

O treito do Camiño de Inverno que trascorre por Monforte será arranxado en vistas ó vindeiro Ano Xacobeo 2021

Publicado o

- Advertisement -

Como xa informou o XdL, a variante do Camiño de Santiago é o talón de aquiles do actual rexedor, José Tomé Roca. Dende a oposición, Julia Rodríguez expuxo publicamente, e varias veces, a falta de interese do goberno municipal por esta fonte de turismo. O pasado mes de maio, Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, enviolle un comunicado ó alcalde onde lle solicitaba un informe técnico onde se recollesen todas as incidencias que puidesen existir no treito monfortino do Camiño de Inverno para poder actuar nelas en vistas ó vindeiro ano Xacobeo 2021. Dende o seu departamento teñen como obxectivo manter, coa colaboración dos concellos, en todo momento os camiños xacobeos nun óptimo estado para o paso dos peregrinos mediante a roza e limpeza de vexetación, retirada de lixo ou a execución das actuacións necesarias para unha axeitada conservación do Camiño de Santiago.

Treito do Camiño de Inverno ó seu paso por Monforte/Concello de Monforte

Ante tal demanda da Directora de Turismo de Galicia, o alcalde monfortino encargou un proxecto onde se recollen todas as necesidades respecto a conservación e o mantemento do Camiño de Inverno no termo municipal de Monforte, o cal, en palabras de Tomé “debe ter a mesma consideración que o Camiño Francés ou o Primitivo”. O devandito proxecto foi trasladado a ésta para que, deste xeito, a empresa coa que teñen contratado o mantemento e a conservación dos diferentes itinerarios do Camiño de Santiago, Misturas, Obras e Proxectos, S.A. poida actuar en todos os punto necesarios da ruta xacobea ao seu paso por Monforte.

Os traballos xerais que segundo o informe se deberán de realizar son, en termos xerais, a aplicación de zahorra artificial no firme, limpeza e roza das marxes, refinado da caixa do camiño, bacheo e dobre rego asfáltico. Uns traballos que, tal como se recollen no informe, teñen un presuposto que ascende a 115.271,35 euros e unha duración estimada de 20 días.

 

 

ÚLTIMAS

Chantada estuda o uso do galego nas inscricións funerarias

A docente do Instituto Val do Asma, Tania Vázquez, respondeu á chamada da intervención...

Este 5 de xaneiro os Reis Magos chegan a Quiroga e Chantada

Este domingo, 5 de xaneiro, achegaranse ata Quiroga as Súas Maxestades os Reis Magos...

Sober mantén o seu ‘idilio’ co Premio María Moliner

A delegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, vén de recoñecer a excelencia da...

Queres coñecer e votar polas mellores fotos do certame de Nadal de Segredos de Pantón?

A asociación dinamizadora Segredos de Pantón vén de facer público o comezo do prazo...