HomeCulturaVÍDEO: Bibliotecarias do sur de Lugo celebran o “Día Internacional do libro”

VÍDEO: Bibliotecarias do sur de Lugo celebran o “Día Internacional do libro”

As responsables das bibliotecas públicas municipais de Chantada, O Saviñao e Sober participan nun vídeo, xunto con outras 28 bibliotecarias/os de Galicia, para conmemorar o Día Internacional do Libro.

Publicado o

- Advertisement -

Aínda que as Bibliotecas públicas municipais galegas non estean abertas ao público, as/os responsables das mesmas están a traballar igualmente e de xeito colaborativo para fomentar a lectura entre a cidadanía.

Dende o comezo da corentena puxeron en marcha a iniciativa #HoraDoConto, coa que de luns a venres, ás 17:00 h., recomendan a lectura dun conto dende as redes sociais do concello ao que pertencen. Cada día tócalle a unha facer esa recomendación, animando a ler en diferentes formatos, xéneros e linguas.

Ademais desta iniciativa, para este 23 de abril fixeron un vídeo colaborativo no que conmemoran o Día Internacional do Libro intercambiando libros dende as súas casas simbolizando o traballo cooperativo mentres de fondo soa a música de Migallas e Guadi Galego.

As bibliotecas do sur de Lugo que se animaron a participar no vídeo son a de Chantada, O Saviñao e Sober.

 

 

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...