HomeCultura"O alcalde de Monforte dalle as costas ó Camiño de Inverno"

“O alcalde de Monforte dalle as costas ó Camiño de Inverno”

Aída Menéndez, presidenta da Asociación Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra, saca esta conclusión da súa experiencia co mandatario monfortino á hora de buscar apoios institucionais do concello.

Publicado o

- Advertisement -

O Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra é unha ruta do Camiño de Santiago que seguían moitos peregrinos cando chegaban a Ponferrada para entrar en terras galegas, sobre todo na época invernal, evitando atoparse cos elevados cumios nevados do Cebreiro. O traxecto, que discorre por 70 quilómetro do cauce natural do río Sil, chegou a marcar a entrada da vía férrea en Galicia, inaugurada no ano 1883.

Mapa do Camiño de Inverno ó seu paso por Galicia/XdL

Un dos concellos polo que discorre esta alternativa para chegar ó Apostol é Monforte, onde naceu no ano 1999 a Asociación Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra co obxectivo de recuperar, divulgar e lograr a oficialidade desta ruta. A súa presidenta, Aída Menéndez, era naquel momento a Concelleira de Cultura do goberno municipal. Ela foi a impulsora desta iniciativa e quen convidou a todos os concelleiros afíns por competencia de concellos do Sur lucense a crear dita asociación. A falta de confianza dalgúns deles  pola viabilidade do seu plan, provocou que, cando Aída deixou a política, no ano 2003, moitos dos membros da congregación mudasen de tal xeito, que xa non era unha unión de concellos pelexando pola oficialidade da ruta xacobea, senón unha asociación sen ánimo de lucro formada por veciños do sur lucense coa mesma inquedanza que ela.

Cantos socios sodes actualmente e como vos financiades?

Actualmente somos uns 500 socios e a forma de financiarnos basicamente é a través das cotas que aportamos todos e dalgunha axuda económica como son as subvencións. Loxicamente estes cartos non nos chegan a moito e as viaxes, por exemplo, financiámolas cos nosos propios cartos.

Cal é o motivo polo cal manifestades, sempre que podedes, que o actual mandatario local non vos apoia?

Realmente non o sabemos. Non sabemos o motivo polo cal Tomé non nos ten en consideración. No ano 2015 cando tomou posesión do seu actual posto, eu reuninme con el para darlle a coñecer o proxecto que tiñamos para a nosa Asociación. Nos pediámoslle, entre outras cousas, que nos cedesen un local municipal onde ter a nosa sede. Nese local queriamos establecer un punto de selado de acreditación para os peregrinos, un museo, un centro de interpretación e unha biblioteca xacobea. O antigo Hotel Comercio era perfecto para iso.

Nos supoñemos que primeiramente non entendeu o que lle quixemos dicir nin o noso proxecto e logo pois deuse conta de que lle estabamos presentando algo bo no que el non mandaba e  negounos todo aquilo que lle solicitamos. É máis, a Xunta de Galicia díxonos que si para a disposición do Hotel Comercio pero el aferrouse ó non e aí quedou.

Somos un concello polo que pasa o Camiño de Santiago e non temos nada de referencia cara el. Nin o temos explotado, nin protexido, nin publicitado,…nada. O pouco que hai feito é todo cousa nosa e claro, sen recursos pois imaxínate. Do que hai feito a todo o que se podería facer co apoio do goberno municipal é algo que ninguén o imaxina.

Cres que o alcalde de Monforte se quere apropiar do voso traballo?

Total e absolutamente. Cando a el lle convén fanse as cousas, os veciños danlle igual. Todo é polo ben del. Se as ideas que temos na asociación as tivese o seu equipo xa estaban todas feitas dende hai tempo. Non ten outra explicación. Estámoslle dando o traballo feito e non o quere. E logo estránase cando o acusan de apropiarse de ideas alleas.

E como credes que vai seguir a vosa loita?

Pois como ata agora. Nada vai avanzar por parte do goberno actual. Tomé quíxose apropiar da nosa idea e aí está, dándolle as costas ó Camiño de Inverno. El ten claro que antes de facelo outro que non sexa el, non se fai. Sempre ten que levar os méritos de todo o que se fai e sucede neste concello.

Non hai moito estivo por esta zona unha expedición de xaponeses percorrendo o Camiño de Inverno e nin sequera nos invitou á recepción dos mesmos. No resto de concellos, cando pasa algo semellante, as asociacións e formacións municipais sempre están convidadas. A nós o alcalde ignóranos. E o peor de todo é que non sabe que quen está quedando mal con todo isto é el. Nós imos seguir co noso propósito de dar a coñecer ó mundo enteiro o que temos en Monforte.

 

 

ÚLTIMAS

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...

21 de decembro de Petiscos de Nadal en Taboada

A ACIMTA, Asociación de Comerciantes e Industriais do Concello de Taboada vén desenvolvendo no...