HomeCulturaA Pobra do Brollón, un exemplo de apoio ao sector cultural

A Pobra do Brollón, un exemplo de apoio ao sector cultural

Un artigo do portal web ‘culturagalega.gal’ pon a programación cultural do concello como modelo de apoio aos artistas e de adaptación ás novas circunstancias.

Publicado o

- Advertisement -

O sector cultural foi un máis dos que tivo que parar en seco e suspender a actividade e será tamén un dos últimos en volver funcionar. A súa reactivación tardará e quen sabe o que haberá que esperar para que volva desenvolverse nas condicións anteriores á pandemia da Covid19.

A portal culturagalega.gal, do Consello da Cultura Galega, aproveitou esta situación para publicar un artigo no que evidencia a parálise e lentitude das administracións para adaptarse á nova realidade e aproveitar as múltiples posibilidades que empezaron a ofrecer os artistas a través das redes sociais. Dada a imposibilidade de ofrecer contidos con público, os creadores empezaron a esparexer a cultura e o lecer pola internet de forma desinteresada para facer máis levadeiro o confinamento pero tamén para dicir dalgunha maneira que se lles podía contratar.

A urxencia da xestión do estado de alarma, a lentitude da administración e incluso a pasividade e falta de interese polo sector cultural nalgúns casos fixo e fai moi difícil atopar excepcións a esta realidade de ‘non contratación cultural’.

O artigo en cuestión, asinado por S. Montes, refírese ao Concello da Pobra do Brollón como un dos contados exemplos a nivel de Galicia que están a programar contidos culturais e que contrataron artistas usando para a súa difusión o potencial que ofrece a internet.

Menciona outros casos -Concello de Pontevedra ou Concello de Vilalba-, pero falando do concreto da Pobra, refírese ao ciclo de concertos virtuais #cospésnacasa -adaptación do ciclo de verán Cos pés na terraza- e tamén á canle de vídeo Guimaralia Te Ve, creada para a ocasión e cun claro obxectivo divulgativo, cultural e de entretemento.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...