HomeCulturaA olaría será a protagonista en Outrora

A olaría será a protagonista en Outrora

A feira tradicional de Rubián do vindeiro sábado terá demostracións deste oficio e representación de cerámicas.

Publicado o

- Advertisement -

Como cada ano polo 14 de xullo, a localidade de Rubián, no concello de Bóveda, acolle unha feira como as de antes, un encontro coa tradición e os mercados populares daqueles tempos.

Este ano haberá arredor de 50 casetas entre comerciantes e artesáns, con postos de todo tipo pero en maior medida de roupa, maquinaria, produtos da terra, artesanía e oficios como ceramistas e oleiros. Precisamente a estes oficios se lle dedica a feira este ano co cal haberá demostracións de olaría de Gundivós e de Buño, dous dos referentes en Galicia neste momento. En canto á cerámica non se deu concretado a presenza de Sargadelos pero estará a tamén coñecida Regal.

Comentamos con Miriam Palmón, a técnica de cultura no concello, e dinos que caendo este ano a sábado a feira terá máis asistencia de público pois coincide tamén que xa empeza a haber moita xente de vacacións e turistas pola zona.

Polo demais, e seguindo o costume de anos anteriores, importante presenza da música e das actividades para os pequenos, e os  interesantes momentos deste popular evento: a recreación da malla e a degustación do “isco no guizo” xa pola noite.

Recreación etnográfica da malla / Peruchela

O programa completo:

10:00 h. Apertura das exposicións e oficios tradicionais.

11:00 h. Ruada da Banda de Gaitas Municipal.

11:30 h. Actuación do Grupo Infantil de Danza Tradicional do concello.

12:00 h. IV concentración e exhibición de vehículos antigos.

12:30 h. Actuación da Banda de Música de Foz.

16:00 h. Obradoiros artesáns infantís.

17:30 h. Festa da espuma para os pequenos.

18:30 h. Xogos tradicionais interxeracionais.

20:00 h. Actuación da Coral Municipal.

20:30 h. Recreación etnográfica da malla.

21:00 h. Peche dos postos e exposicións.

22:30 h. Degustación do “isco no guizo” e música dun DJ.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...