HomeCulturaFin de semana de música na Pobra do Brollón e espectáculo infantil...

Fin de semana de música na Pobra do Brollón e espectáculo infantil en Quiroga

Este sábado, 4 de xullo, ás oito do serán, a Casa da Cultura de Quiroga acollerá o espectáculo infantil “Fantasía Musical”; mentres A Pobra do Brollón celebra o domingo, día 5, un novo concerto para o vermú coa Garabelo no bar Pirata.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O trío Garabelo ofrecerá un concerto este domingo na Pobra do Brollón. Comezará ás 13:00 no Bar Pirata. O evento é parte do ciclo de concertos ‘Con-certa Normalidade’, unha proposta do Concello da Pobra do Brollón para apoiar a hostalería e os artistas locais.

Garabelo son Brais Olmo no clarinete, Borja López na guitarra e Pablo Camarero no violino. Tocarán composicións propias baseadas en melodías tradicionais. O concerto é de balde, previa reserva no teléfono 982 430 455. Idealmente as reservas deberán facerse por grupos para facilitar a organización das mesas de modo que se poida manter as distancias de seguridade. O concerto de Garabelo é o penúltimo do ciclo, que rematará o domingo 18 de xullo con Xerezade.

Garabelo

A palabra Garabelo ven do barallete, xerga de canteiros, paragueiros e músicos da Ribeira Sacra, e significa “fermoso”. O nome é unha declaración de intencións, xa que segundo asegura a formación os seus temas buscan crear atmósferas amables nas que quen escoita se sinta cómodx.

Garabelo é un grupo que nace da inquedanza de tres músicos de Saltanocribo que deciden tomar un camiño diferente explorando as sonoridades dos seus instrumentos dun xeito diferente, buscando a beleza das diferentes combinacións tímbricas e expresivas deles.

O espectáculo infantil Fantasía Musical en Quiroga

O Concello de Quiroga continúa desenvolvendo a súa programación cultural prevista para este verán cun novo espectáculo infantil. Este  sábado, día 4 de xullo, a partir das oito do serán, a Casa da Cultura acollerá o espectáculo infantil  “Fantasía Musical” a cargo  de María Faltri e Jorge Juncal.

Para o desenvolvemento da actividade, o Concello de Quiroga levará a cabo  medidas de seguridade vixentes, limitando o aforo do salón de actos da Casa da Cultura e poñendo xel desinfectante a disposición dos participantes que obrigatoriamente deberán usar máscara.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...