HomeCulturaFolión de carros desde as casas en tempos de Covid

Folión de carros desde as casas en tempos de Covid

A directiva da Asociación Cultural Amigos do Folión convoca á veciñanza de Chantada a que adornen os balcóns e fachadas das súas casas, unha vez que este ano non se poderán adornar os carros para desfilar no Folión que debía celebrarse o vindeiro sábado 22 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os adornos poden ser feitos como se considere mais axeitado e lembrando sempre os aspectos mais relevante do Folión de Carros. As datas para a súa colocación serán decisión particular pero desde a Asociación consideran que sería ideal que estiveran colocados dende uns días antes do sábado 22 de agosto.

Co propósito de manter o Folión preténdese que algún dos símbolos do Folión de Carros teña presenza na vila de Chantada, aínda que este ano non se celebre.

Convocan, ademais, a todos os comerciantes a adornar, na medida das súas posibilidades, os escaparates dos seus negocios e mantelos ata a fin de semana do Folión.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...