HomeCulturaAberto o prazo de matrícula na escola municipal de música de Sober

Aberto o prazo de matrícula na escola municipal de música de Sober

A Escola Municipal de Música de Sober abre o prazo de matrícula para o curso 2020-2021. Os interesados e interesadas poderán inscribirse ata o día 24 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este curso contarase coas seguintes especialidades: frauta traveseira, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, percusión, piano, guitarra, linguaxe musical e coro.

Tamén se impartirán ensinanzas de música e movemento a partir dos 3 anos, música para adultos e grupos instrumentais. O alumando poderá integrarse na Banda Infantil e tamén no Coro Berea, na súa sección infantil ou de maiores.

A presentación do curso e recollida de horarios será o sábado 3 de outubro ás 12:00 horas na Casa da Cultura. Para obter máis información o Concello de Sober pon a disposición dos interesados os seguintes números de teléfono: 982 46 05 13 e 617 55 12 99.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a nenos e maiores a formar parte da Escola Municipal de Música de Sober. Precisa que este curso se tomarán todas as medidas preventivas para manter afastada a covid-19. “Alumnos e profesores seguirán todos os protocolos sanitarios para ter unhas aulas seguras”, explica.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...