HomeCulturaO Círculo Saviñao pecha o ciclo de concertos na terraza

O Círculo Saviñao pecha o ciclo de concertos na terraza

A actuación do dúo acústico de Ourense, Soul&Roll vén de pechar o ciclo de concertos na terraza que o Círculo Saviñao ofreceu ós seus socios durante os meses de verán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Versións de Queen, Creedence Clearwater Revival, Jackson Five, Police, U2, Nirvana, Guns and Roses ou Bon Jovi, entre outros, conformaron o repertorio do do dúo Soul&Roll, formado no 2012 por Miguel Araújo á guitarra e Tamara Pérez como voz solista.

Ademais do seu amplo repertorio de versións de diferentes estilos e temas clásicos do pop-rock español como Luz Casal, Miguel Ríos, Siniestro Total, Los Secretos, Nacha Pop ou Danza Invisible, o dúo tamén compón os seus propios temas cos que obtivo multitude de recoñecementos, como no festival da canción do Grove e no Ti Si que Molas.

Tamara Pérez ademáis de traballar durante años como cantante de orquestras e en Soul&Roll, é a copresentadora do programa Bamboleo da TVG.

Soul&Roll / Círculo Saviñao

ÚLTIMAS

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e...

O PSdeG de Triacastela denuncia que o PP incumpre o calendario de plenos

Segundo explican os socialistas, ata a presentación do escrito só se celebraron dous plenos...